
Celebracións
Celebrar en La Base
Salóns e carpa para ata 200 persoas, dentro dunha finca de 38 hectáreas.
Os espazos

Salón principal
Mesas longas baixo vigas de madeira e muros de pedra. O espazo central da casa, con acceso directo á cociña de brasa.

Carpa exterior
Ao aire libre, entre o piñeiral. Chan montado, cerramentos laterais e luz propia para banquetes e barra de noite.

Sala da lareira
Para grupos pequenos e sobremesa longa. Lume aceso no inverno e mesa única arredor da pedra.
Tipos de celebración
Vodas
Cóctel na terraza ou no piñeiral e banquete no salón ou baixo a carpa. Montaxe, barra libre e horario de peche acordados con antelación.
Comuñóns e bautizos
Mesas familiares con menú curto de brasa e carta específica para os nenos. Espazo exterior valado dentro da finca, á vista desde o salón.
Comidas de empresa
Mesas de ata 60 comensais con servizo en dúas quendas se fai falla. Aparcadoiro propio, factura a nome da empresa e saída rápida.
Presentacións de marca e xornadas
Sala con proxección, café da mañá e comida no mesmo recinto. Montaxe de expositores e vehículos no exterior, xunto á carpa.
E algo que non ten ningún outro sitio da comarca
A comida pode combinarse con actividades de motor dentro da propia finca: circuítos, cursos de condución e rutas 4x4 a poucos metros da mesa. Todo no mesmo recinto, sen desprazamentos.

Menús de grupo
Os menús deseñanse a medida sobre a carta de brasa, segundo o número de comensais e a época do ano. Non publicamos prezos: péchanse por escrito coa proposta.
Para pedir proposta, chámanos e vémolo por teléfono.
