Lume, pedra e piñeiral
Asador de brasa no corazón dunha finca de 38 hectáreas en Carballo. Carne madurada, peixe da lonxa de Malpica e asado lento.
Comidas de martes a domingo · Ceas venres e sábado
O lume
Todo pasa pola brasa
Acendemos o carbón cada mañá e deixámolo facerse a pouco. Non cociñamos sobre chamas: cociñamos sobre brasas maduras, á temperatura que cada peza pide.
O asado lento e a grella marcan todo o que sae da cociña. O produto chega enteiro, córtase aquí e respéctase: sal, lume e tempo. Nada máis.
Carne madurada
Vaca galega madurada en cámara propia. Córtase a diario e márcase sobre carbón de carballo.
Lonxa de Malpica
O peixe e o marisco soben da lonxa de Malpica segundo a poxa do día.
Horta de tempada
Verduras da comarca, asadas lentas ou pasadas pola grella ao final do servizo.
38
hectáreas de finca
4
circuítos
200
comensais no salón
2026
desde xaneiro
Da carta
Cortes ao peso, peixe enteiro e pratos de tempada. Todo sae da mesma grella, sen salsas que tapen o produto.
- Chuletón de vaca galega60 €
- Polbo á brasa25 €
- Tutano de vaca á brasa20 €
- Zamburiñas á galega22 €
- Torrixa La Base7 €
Da brasa á mesa




A contorna
Non estamos nun sitio calquera
A finca ocupa 38 hectáreas de piñeiral con catro circuítos de motor repartidos entre as árbores. No medio de todo está o asador: pedra, aceiro corten e a cheminea sempre acesa.
Bodas, comuñóns e reunións de empresa
Salóns e carpa para ata 200 persoas dentro da finca.


Como chegar
- Martes a xoves e domingo
- 13:00 a 18:00
- Venres e sábado
- 13:00 a 18:00 e 20:00 a 24:00
- Luns
- pechado
Ceas só venres e sábado.






